José Rubio”s Nueva Era

Marzo 09, 2013

info:
JOSÉ RUBIO’S NOVA ERA/Vrásica. Heavy.

Ronnie Romero: voz; José Rubio: guitarra; Emilio Bande: baixo; José Manuel Valugo: teclados; Juanjo Pérez “Foggy”: guitarra; Brais Afonso: batería.

Grupo formado por JOSÉ RUBIO para interpretar en directo os temas do seu disco CASTLES IN THE MOON, para seguir gravando e interpretando temas novos, instrumentais e cantados polo vocalista RONALD ROMERO (ex-Santelmo).

José Rubio’s Nova Era practica un estilo con influencias diversas, pero destacando as da música instrumental -Satriani, Andy Timmons…- e, nos temas con voz, as da onda metal e hard rock de toda a vida!!

José rubio comeza a súa andaina con este proxecto hai anos, en paralelo ao doutras bandas ás que pertencía como TRILOGY, WARCRY, MEGARA, DUNEDAIN… Despois de autoproducir un disco no 2008, Castles in the Moon, que recibiu moi boas criticas en medios especializados como Guitarra Total, Guitarrista e Heavy Rock, iniciou unha pequena xira de clinics por todo o territorio nacional e deu moitos concertos acompañado por bases, ata que no ano 2011 encontra aos compoñentes actuais e decide rebautizar o proxecto como JOSÉ RUBIO’S NOVA ERA, a formación actual xa cerrada e estable.

AXENDA

Pub Clavicémbalo, Lugo.