José Mercé

Xaneiro 10, 2013

Mi única llave é o título do novo álbum de José Mercé, producido por Javier Limón, e que se publica o 16 de outubro de 2012. ‘É un disco flamenco, pero sabendo que estamos no século XXI. Serio, sobrio, profundo’ di o cantaor nacido no flamenquísimo barrio de Santiago de Jerez de la Frontera en 1955, que se amosa eufórico co seu novo álbum. Mi única llave é un disco impecable, flamenquísimo, de enorme riqueza musical, cuns guitarristas de gran altura que marcan boa parte do carácter do álbum e un José Mercé cantando como nunca. É un disco elaborado con poucos elementos que cobren todo o espectro sonoro nun estupendo traballo de Javier Limón, que logrou soster o álbum con guitarras, percusións, palmas e pouco máis. Nin falta que fai, aínda que as colaboracións de Eric Truffaz (trompeta), Alain Mallet (piano) e Layth Al-Rubaye (violín) proporcionan ao disco ese enlace con outras músicas que confirman as palabras de Mercé.

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
o novo de Quant ... See MoreSee Less
Ver en Facebook