Jorge Drexler

Xuño 21, 2014

nota:
O uruguaio Jorge Drexler vai facer parada en Ferrol dentro da xira de presentación do seu traballo recentemente publicado “Bailar en la cueva”, que saíu á luz o pasado 25 de marzo. O concerto será o sábado 21 de xuño no Teatro Jofre, a partir das 20:30 horas.

As entradas xa están dispoñibles e o seu prezo é de 17 euros en venda anticipada e de 20 euros no día. Pódense adquirir no despacho de billetes do propio teatro, ademais da web servinova.com.

O público galego será dos primeiros en gozar o directo de “Bailar en la cueva”. Nel, o artista aposta máis que nunca por un concepto de son global. De feito, Drexler contou na súa gravación con colaboracións tan especiais como a de Caetano Veloso, Ana Tijoux ou a coprodución de Eduardo Cabra de Calle 13.

AXENDA

Facebook