nota:
JORGE DA ROCHA
Jorge da Rocha presenta en vivo o seu segundo álbum a só ‘To Drop and Let Go’ cun espectáculo singular en que o contrabaixo e a súa voz son os protagonistas dun repertorio moi especial. Sen deixar de revisitar o seu anterior álbum (‘These are a few of my favorite songs’) onde interpreta de forma innovadora a música de artistas como Radiohead, Björk ou Massive Attack, o músico preséntanos os seus novos temas orixinais, con influencias da súa traxectoria jazzística e da paixón pola música moderna e alternativa, o pop, a música electrónica e a canción.
A performance de Jorge da Rocha impacta pola súa apaixonante expresividade, polas súas cancións e por unha posta en escena minimalista, de atmosferas suxestivas e delicadas, que seduce ao público nunha viaxe de descuberta musical, emocional e do universo propio do artista, dos seus sentimentos, da súa experiencia e da entrega á procura persoal e artística.”