Jorge da Rocha

Setembro 15, 2018

nota:

A Casa das Crechas acolle un concerto do portugués Jorge da Rocha, no que presentará ao vivo o seu segundo álbum a só ‘To Drop and Let Go’ cun espectáculo singular en que o contrabaixo e a súa voz son os protagonistas dun repertorio moi especial, no que estará acompañado pola frautista Yexza Lara.

De volta á Casa das Crechas, Jorge da Rocha presenta en vivo o seu segundo álbum a só ‘To Drop and Let Go’ cun espectáculo singular en que o contrabaixo e a súa voz son os protagonistas dun repertorio moi especial. Acompañado de Yexza Lara na frauta, melódica e voz e sen deixar de revisitar o seu anterior álbum (‘These are a few of my favorite songs’) onde interpreta de forma innovadora a música de artistas como Radiohead, Björk ou Massive Attack, o músico preséntanos os seus temas orixinais, con influencias da súa traxectoria jazzística e da paixón pola música moderna e alternativa, o pop, a música electrónica e a canción.

A performance de Jorge da Rocha impacta pola súa apaixonante expresividade e polo encanto das súas cancións, que seducen ao público nunha viaxe de descuberta musical, emocional e de entrega do artista á procura persoal e creativa.”

Sen deixar de revisitar o seu anterior álbum (‘These are a few of my favorite songs’) onde interpreta de forma innovadora a música de artistas como Radiohead, Björk ou Massive Attack, o músico preséntanos os seus novos temas orixinais, con influencias da súa traxectoria jazzística e da paixón pola música moderna e alternativa, o pop, a música electrónica e a canción.

Vídeos:
https://www.youtube.com/watch?v=WhcYVQf87-8 (Nature Boy)
https://www.youtube.com/watch?v=wA5E2f-zqN4 (Simples Cançao)

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €