nota:
JOHN SMITH
http://www.johnsmithjohnsmith.com
Presentación do novo disco “Headlong”. Peche do ciclo Son Aloumiños. Data única en Galicia
Mércores 10 de maio. Ferrol. Capela do Torrente Ballester
Capela do Torrente Ballester (Concepción Arenal S/N). Apertura portas: 20:30h. Comenzo: 21:00h. Entrada andiantada: 8 euros. Entrada billeteira: 10 euros. Venda de entradas en billeteira do Teatro Jofre e www.ataquilla.com Ciclo “Son aloumiños”
O xenial guitarrista e cantautor presentará o novo disco “HeadLong” e con certeza, afianzarao como unha das voces máis excitantes do folk británico.
John Smith é habitual guitarrista nas xiras de Lisa Hannigan, Lianna La Havas ou David Gray. Moitos quilómetros de estrada ás súas costas que o converteron nun músico curtido, experimentado pero ata o de agora á sombra. O músico de Devon tamén fixo camiño co seu propio proxecto, abrindo para artistas como Iron & Wine, Tinariwen, James Yorkston ou para dous dos seus fans declarados, nin máis nin menos que Richard Hawley e Ben Howard. E é que a música de Smith abrolla luminosa e clara, namora á primeira.
O seu peculiar estilo á guitarra, fano único, una mestura entre o toque suave do slide e os golpeos percusivos á caixa acústica que unidos á súa voz areosa, fan que o seu discurso soe honesto e sincero, sen demasiados artificios, directo ao corazón.
Poderíao emparentar a Nick Drake nalgunhas pasaxes ou a Neil Halstead pola dozura dalgunhas das súas cancións, pero John Smith posúe esa graza innata que o diferencia á vez que soa próximo e familiar.
Queda claro que a canteira de músicos de raíz folk das illas británicas é inesgotable e que John Smith pasa a ocupar un lugar privilexiado para a prensa inglesa ao cualificalo como “o guitarrista de guitarristas”.
Entradas xa a venda na billeteira do Teatro Jofre e