John Smith, peche de luxo para o Son Aloumiños. Ferrol, 10-maio-2017

Maio 11, 2017

O británico John Smith foi o encargado de pechar a primeira edición dun ciclo de concertos íntimos, en formato reducido, que trouxo ao Concello de Ferrol artistas internacionais recoñecid@s pola crítica e alonxad@s de grandes audiencias.

Un guitarrista magnífico, requerido por vocalistas e compositores con nome na “escea alternativa” e que desde hai uns anos tamén conta cunha carreira en solitario que o sitúa coma herdeiro de nomes referentes do folque británico coma John Martyn, John Renbourn ou Nick Drake. Así o demostrou onte coa súa actuación, cálida, próxima e virtuosa, na antiga capela do hospital de caridade.

Agasallounos con adiantos do seu inminente disco “Headlong” coma a canción homónima ou a irresistíbel “Too Far Good”, temas do álbum de hai uns anos (“Freezing Winds of Change”, “Perfect Storm”, “There is a Stone”, “Great Lakes” … ) e mesmo un chisco ao “Tupelo Honey” de Van Morrison. O momento final percutindo na caixa e cordas da guitarra foi para gardar na memoria, ao igual que a súa voz con area fina, a súa técnica percutiva e un dominio case natural das cordas que renderon o centenar de asistentes.

PepeCunha, 11-maio-2017

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
mañá sábado 20 en Redondela, concurso de maquetas de Asociación do Festival Millo VerdeEn colaboración con ArteLixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook