A grande casa é o nome co que Joâo Afonso e Fred Martins titulan o espectáculo que teñen en conxunto. Un encontro entre dous compositores e cantores que cruzan universos musicais compartidos nunha empatia única. A marca autoral de ambos e a común posta en valor da palabra cantada vólvense máis nítidas no formato intimista deste concerto: voces e guitarras.
Son viaxes compartidas e sensacións que só unha verdadeira sintonía, como a deste recital musical, nos consegue aportar.