joao afonso & fred martins

Maio 04, 2012

Nacido em Mozambique, no 1965, João Afonso ten sido un dos principais cantautores portugueses da actualidade. A súa vasta discografia iniciouse con Maio Maduro Maio (1994), na compaña de José Mário Branco e Amélia Muge, que xustificou o premio ‘José Afonso’. Posteriormente, ‘Missangas’ (1997), o seu primeiro álbum en solitario, que lle supuxo o título de Melhor Voz Masculina Nacional, que lhe foi atribuído pelo jornal Blitz e eternizou os temas Um Carteiro em Bicicleta e Na Machamba. Seguidamente Barco Voador (1999), Zanzibar (2002) e Outra Vida (2006), neste último, xa coa dirección musical e arranxos de João Lucas. Desta parella sairá Um Redondo Vocábulo (2009), recentemente lançado, apenas com canções de Zeca Afonso. Tem colaborado con diversos artistas como Júlio Pereira, Luís Pastor, Uxía, Grupo Mestisay, Filipa Pais e Quinta do Bill, entre outros, en gravacións e espectáculos ao vivo, en Portugal e no estado español. Os seus discos foron editados nacional e internacionalmente e ten percorrido grande parte do mundo representando á música portuguesa. En toda a sua carreira traballou con músicos e intérpretes do panorama musical nacional e internacional como José Mário Branco, Fausto Bordalo Dias, Amélia Muge, Júlio Pereira, Filipa Pais, Uxia, Luís Pastor, o grupo Mestisay, Pablo Milanés, Paco Ibañez, Pedro Guerra e Javier Ruibal, entre outros. A Grande Casa de João Afonso & Fred Martins é un encontro entre dous compositores e cantantes que cruzan universos musicais compartindo unha empatia única. A marca autoral de ambos e a común posta en valor da palabra cantada, tórnanse máis nítidas no formato intimista deste concerto: apenas voces e guitarras. A Grande Casa será o escenario para unha transhumancia musical e cultural de dous músicos de excepción. Un Carril de Arte que dous amigos comparten, cantando a língua portuguesa, transportándonos por ese “tempo afora” nun ”coral de missangas” a través dun Brasil, Mozambique e Portugal vividos e imaxinados por ambos. Son viaxes compartidas e sensacións que só unha verdadeira sintonía, como a deste recital musical, nos consegue aportar.

AXENDA

23:30 h.
bar Liceum, O Porriño.
10 / 5 €