nota:
LUIS PASTOR
Se alguén quere coñecer en catro minutos o fenómeno da canción de autor en España, que non perda o tempo e escoite ‘¿Qué fue de los cantautores? ’
O cantautor estremeño, que nunca renegou da súa condición, dá un repaso, en todos os sentidos, á historia da canción de autor desde os seus comezos nos 60 ata hoxe, nunha canción lúcida, realista sen perder o sentido do humor e verdadeira crónica social dun tempo e dun país tantas veces ingrato e inxusto coa súa cultura.
JOÃO AFONSO
João Afonso é un dos principais autores/intérpretes portugueses da actualidade.
Os seus discos foron editados nacional e internacionalmente e ten percorrido gran parte do mundo a representar a música portuguesa.
En toda a súa carreira traballou con músicos e intérpretes do panorama musical portugués e internacional como José Mário Branco, Fausto Bordalo Dias, Amélia Muge, Júlio Pereira, Filipa Pais, Uxia, Luís Pastor, o grupo Mestisay, Pablo Milanés, Paco Ibáñez, Pedro Guerra e Javier Ruibal, Kepa Junkera, Costa Neto, Stewart Sukuma, entre outros.