nota.
DOMINGO 21 20:30 10€
JOÃO AFONSO con ROGÉRIO PIRES
Un dos maiores expoñentes da música en lingua portuguesa. Nado en Mozambique pero instalado en Portugal desde os 13 anos, a súa música é unha ponte entre as cadencias rítmicas e sensuais africanas e os timbres doces e melancólicos da canción portuguesa, herdanza en parte do seu tío, Zeca Afonso, autor da canción ‘Grandola vila morena’, que marcou o inicio da revolución dos caraveis en 1974. Nesta ocasión visita a Casa das Crechas para ofrecernos un concerto acompañado por Rogério Pires. RESERVA XA!!!