Joao Afonso

Decembro 19, 2012

A Casa das Crechas pecha mañá mércores a programación do ano do seu 25 aniversario cun concerto-encontro co cantor portugués João Afonso, que ofrecerá un espectáculo de pequeno formato no que repasará os seus grandes éxitos e mesmo interpretará temas do seu tío o Zeca Afonso.

7€ (incluíndo cd ‘Um redondo vocábulo’)
Ofrecerá un espectáculo de pequeno formato no que repasará os seus grandes éxitos e mesmo interpretará temas do seu tío o Zeca Afonso
Será un concerto ‘interactivo’, no que o músico fará un percorrido pola súa vida musical e o público poderá pedir cancións e preguntarlle o que queiran ao artista

Será un concerto ‘interactivo’, no que o músico fará un percorrido pola súa vida musical e o público poderá pedir cancións e preguntarlle o que queiran ao artista.

João Afonso (Mozambique, 1965) é unha das principais voces de Portugal. A súa vasta discografía iniciouse con Maio Maduro Maio (1994), na compaña de José Mário Branco e Amélia Muge, que levou o premio ‘José Afonso’. Posteriormente publicou ‘Missangas’ (1997), o seu primeiro álbum en solitario, que lle supuxo o título de Melhor Voz Masculina Nacional. Seguidamente foron ‘Barco Voador’ (1999), ‘Zanzibar’ (2002), ‘Outra Vida’ (2006) e ‘Um Redondo Vocábulo’ (2009), só con cancións do Zeca. Ten colaborado con diversos artistas como Júlio Pereira, Luís Pastor, Uxía, Pablo Milánes, Paco Ibáñez, Pedro Guerra e Javier Ruibal, entre outros.

Facebook

22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
4 / 7 €