Joana Gomila & Laia Vallès

Maio 12, 2022

nota:

A xornada do xoves rematará co transgresor espectáculo ‘Paradís’ das artistas baleares Joana Gomila & Laia Vallès na Casa das Crechas ás 21h. A transformación do material e a experimentación son a base do proceso creativo de Joana Gomila e Laia Vallès, procurando os límites da linguaxe tradicional para voar despois desde a electrónica. Cando se publicou Folk Souvenir, Joana Gomila sacudiu o mundo da música tradicional cunha forma de facer tan persoal como atrevida. Houbo poucos discos que capturaran de xeito tan fiel a alma mesma das tonadas mallorquinas, en parte e paradoxicamente, pola súa capacidade de liberalas dos corsés e reinventalas desde puntos de vista caleidoscópicos. Agora en “Paradís”, Gomila parte dun novo formato a dúo con Laia Vallès, coa que, cun son expansivo e transgresor (teclados, sintetizadores, samplers), profundiza nese espíritu de busca e experimentación ao tempo que ensancha o seu universo sonoro incorporando por primeira vez cancións de composición propia. As entradas están disponibles en

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

20 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook