Joan Baez, lenda elegante da canción protesta en Compostela, 28-marzo-2015

Marzo 29, 2015

O pazo de congresos e exposicións compostelá recibiu cun cheo case absoluto a unha icona da canción protesta. Joan Baez aos seus 74 anos congregou xente nostálxica de épocas de loita e coetáneas súas. Agora tamén vivimos tempos de reivindicación, así que en menor medida axudaron completar o aforo xente algo máis nova atraídas pola lenda ou acompañando proxenitores. Poucas cancións necesitou para acomodar a voz e ofrecernos un recital elegante, próximo e cun repertorio ateigado de clásicos vencellados ao folclore popular de diversas latitudes.

Sensible ao trato cordial e atento co público de cada noite, atreveuse cun “Adeus ríos, adeus fontes” pouco ensaiado pero tremendamente celebrado.
Dos dous músicos notabeis que a acompañan, cómpre salientar o multiinstrumentista Dirk Powell que pasaba do piano, ao baixo, mandolina, guitarra e o que fixese falta para dotar ás cancións dun acompañamente preciso sen eclipsar a voz protagonista. As introducións ás cancións achegaron a dose xusta de simpatía tan efectiva nestes casos. O resultado, unhas opinións positivas eran unánimes en torno ao carisma e interpretación impecable de toda unha lenda.

Servidor até lle perdoa tirar da manida “Imagine” cando o repertorio brillaba con pezas alleas na súa maioría como “Just the Way You Are”, do propio Dirk e ben acompañada por unha voz noviña, unhas interpretacións notabeis e emocionantes “Swing Low, Sweet Chariot”, “Suzanne”, “The House of the Rising Sun”… ou, xa entre as propias, esas alfaias “Love is Just a Four-Letter Word” e “Diamonds and Rust”.

Donna Donna
God is God
Llegó con tres heridas
The Lily of the West
Love is Just a Four-Letter Word
La llorona
Mi vergüenza personal
Joe Hill
Adeus ríos, adeus fontes
Just the Way You Are
Diamonds and Rust
Swing Low, Sweet Chariot
A galopar
Jari Ya Hamouda
Seven Curses
Give Me Cornbread When I”m Hungry
The House of the Rising Sun
Suzanne
Long Black Veil
Gracias a la vida

Imagine
No nos moverán

Here”s To You

Blowin” In the Wind

Pepe Cunha, 29-maro-2015

Facebook