Jim Black New Quartet

Maio 14, 2015

nota:

Jim Black New Quartet Ciclo Jazz 1906

Óskar Guðjónsson: saxo; Elias Stemeseder: piano; Chris Tordini: baixo; Jim Black: batería, electrónica.

Sobre o escenario, é unha explosión enerxética impresionante. A súa fluidez e liberdade para entrar e saír do ritmo, para multiplicalo e descompoñelo, son dignas de admiración. Da súa firma como batería doutro planeta queda constancia nos seus traballos xunto a espíritos inquietos como Dave Douglas, Ellery Eskellin, Uri Caine, Satoko Fuji, Tim Berne… Hai quince anos presentaba AlasNoAxis, unha cocteleira moi particular na que mesturaba rock experimental, free jazz, noise, música ambiental… Aquela novidade discográfica podería ser gravada onte mesmo e seguiría soando completamente actual. De feito, Black comprácese en contar cun público vinte anos menor que el pero poderosamente atraído pola súa música. Para este cuarteto acabado de estrear, conta de novo coa inestimable colaboración do pianista Elias Stemeseder, especialmente habilidoso na deconstrución de ideas e en engarzar ritmicamente co desbordante despregue do líder. Quizá téña-la oportunidade de escoitar con eles a música que se vai tocar dentro de vinte anos. Para que agardar entón?

AXENDA

23:00 h.
Club Clavicembalo, Lugo.