Jenny and the Mexicats

Decembro 15, 2011

Caracterizase por ser unha banda que fusiona nacionalidades e personalidades. Jenny múdase a Madrid e decide xunto con Icho formar unha banda. Jenny & the Mexicats, que foron premiados recentemente co ”Premio nacional factoría joven 2011 de España”, teñen un directo cheo de enerxía, mestura de músicas e moitas sorpresas: dende un mexicano pegándose una “patá” flamenca, unha londinense facendo acrobacias enriba do contrabaixo ata o propio contrabaixista surfeando co seu instrumento, por non falar dos cambios de ritmo e xéneros musicais polos que se desenrola todo o concerto.

É un grupo inclasificable onde a trompeta, a voz e a maxia de Jenny Ball xúntanse ao arte do guitarrista flamenco “Pantera”, do caixón e as percusións de David González, e do contrabaixo de “Icho”, para ofrecer un son fresco, diferente, arriscado e moderno .A súa calidade chamou a atención da discográfica inglesa “Canned Heat” e lles ofreceu gravar o seu primeiro álbum. Así, “Jenny and the Mexicats” acaban de terminar de gravar baixo a tutela de algúns dos productores de Amy Winehouse, The cure, Depeche Mode, ou Jamiroquai entre outros, e prepáranse para dar o salto definitivo na súa carreira…

Jenny: vocalista, trompetista, compositora
Pantera: guitarrista flamenco
Icho: contrabaixo
David: caixón e percusións

AXENDA

Facebook

16 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Café Bar Auriense, Ourense.