JD McPherson e Charley Crockett, festa co mellor rock de sempre no Auditorio de Ferrol, 16-marzo-2018

Marzo 17, 2018

Os sons clásicos, recoñecibeis, como neste caso o rock estadounidense de raíces, son ben recibidos por boa parte do público, sexan tendencia e estean ou non de moda. E máis aínda se falamos de artistas que son quen de sonar actuais ou non repetirse en demasía, porque así, ademais de agradar a fans acérrimas, chegan tamén a ouvidos atentos. Por iso estaba o venres o Auditorio de Ferrol cheo dunha amálgama de “rockers” de manual, de caras recoñecibeis no circuito de salas galego e tamén dun público que se está acostumando á presenza en Ferrol de artistas notabeis independentemente de cadansúa proposta musical.

Charley Crockett abriu a velada co seu mundo de country, honky tonk e chiscos de soul interpretados con rigor á par que simpatía e entrega. Na súa media hora cumpriu notablemente coa misión de quecer a velada malia que a xente non deixaba de chegar ás súas butacas e nos distraía un chisco dunha actuación que regalou cancións estupendas: “In The night”“I Wanna Cry” ou “Lil” Girls Name“.

Algo despois das 22h recibimos o agardado protagonista da noite, un deses artistas que, con mestría na guitarra e a voz, practican o revisionismo con éxito e recoñecemento, remexendo por todas as aristas de influencias clásicas do rock dos 50”s, do rockabilly ou o R&B … Con The Starkweather Boys, aos que lembrou no primeiro bis con “Abigail Blue”, asimilou todo ese “clasicismo” e desde hai case unha década consolida a súa reputación a base de cancións ben construídas e directos vibrantes e paixonais. No outono pasado editou o seu terceiro álbum (“Undivided Heart & Soul”), que protagoniza o repertorio desta xira.

Comeza os concertos con tres pezas dos seus discos anteriores que xa poñen a varias persoas a bailar no corredor central ou os lateriais do auditorio ferrolán. A partir de aí unha banda de acompañamento impecábel sexa por rockabilly, pop, surf, garaxe … e o que ao final máis conta: ter cancións que funcionen. Porque non nos imos enganar, non son poucos os nomes que funcionan bastante ao vivo por entrega e maneiras pero que non teñen composicións propias que deixen pouso, O seu último disco sona máis moderno e elaborado, pero as cancións non carecen do gancho máis evidente dos anteriores traballos.

O auditorio foi toda unha festa de rock and roll, de brillante execución e conexión coa audiencia, que terminou bailando, algunhas no mesmo escenario. Todo o público en pé e as súas caras dicíano todo.

Pepe Cunha, 17-marzo-2018

“Bossy”
“Fire Bug”
“It Shook Me Up”
“Desperate Love”
“Crying”s Just a Thing You Do”
“Under the Spell of City Lights”
“Head Over Heels”
“On the Lips”
“Hunting for Sugar”
“You Must Have Met Little Caroline?”
“Mother of Lies”
“Style (Is a Losing Game)”
“Lucky Penny”
“Let The Good Times Roll”

Bises:
“Abigail Blue”
“BloodHound Rock / Wolf Teeth”
“North Side Gal“

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook