DENTRO DA REDE DE MÚSICAS SOLTAS DE RIBADEO
Ribadeo. Presentación deste proxecto liderado polo contrabaixista José Díaz, cubano afincado en Galicia e que tocará en Ribadeo por primeira vez como líder da súa banda formada por Marcos Teira (guitarra) e LAR Legido (batería)
É a primeira formación do contrabaixista cubano José Manuel Díaz Iglesias. Un trío que xorde da necesidade do artista de presentarlle ao público a súa música. Composicións orixinais que, baixo a linguaxe do jazz, se deixan harmonizar coas músicas populares cubana, brasileira, galega… e doutras culturas.
O resultado é un son que xunta o virtuosismo e a improvisación do jazz, coa forza das melodías identitarias e os ritmos das distintas músicas coas que este artista se divirte.
Os músicos galegos Marcos Teira (guitarra española) e LAR Legido (batería e universos sonoros) completan a formación. Ambos achegan o grupo unha sonoridade diferenciada, tanto pola instrumentación como polo uso que fan dela: Teira desde o flamenco e Legido desde a improvisación libre.