Jazz de Ría: David Regueiro Trío

Agosto 17, 2019

nota:

DAVID REGUEIRO TRÍO 🚢💨
Sábado 17 ás 13h30

David Regueiro, cunha ducia de discos editados, centos de actuacións por diferentes países e o aplauso unánime de prensa e público, é un dos guitarristas de #gypsyjazz máis destacados da Península.

Acompañado por Iago Reigosa (guitarra) e Juyma Estévez (contrabaixo), achéganos ao #JazzdeRía2019 un repertorio formado por temas clásicos deste estilo, pero tamén doutras das súas influencias, como o #swing americano ou o be-bop. Con esta proposta, pretende dar unha visión global da música creada pola súa maior fonte de inspiración, o guitarrista creador do #jazzmanouche: Django Reinhardt 🎸

AXENDA

Facebook

13:30 h.
Campo do Río, O Seixo, Mugardos.
De balde.