JavierBergia

Novembro 08, 2013

nota:

6 € / 3 € (soci@s)
Última entrega deste prolífico autor e intérprete madrileño, considerado por moitos críticos como o xenuíno representante dunha xeración de músicos e cantautores que xurdiu aló polos anos oitenta. Punto y Aparte é, en esencia, un disco de madurez. Javier Bergia, testemuña e debuxante do noso tempo, suxírenos nos textos que conforman este traballo, o retrato poético dun mundo fermoso e atroz como o que habitamos a diario, sen renunciar por outra banda, nun impecable exercicio de estilo, a abordar dende ese universo interior que lle é propio, retallos bordados de nostalxia dunha memoria incendiada da que a miúdo nos sentimos cómplices. A música que acompaña aos textos ten o selo peculiar deste fino estilista, capaz de conxugar e unir con precisión mestra a súa formación clásica na música medieval, xunto á sólida experiencia nas músicas étnicas, o folk, o rock, etc., fundindo en definitiva ambos saberes; música e poesía nunha estética única e ilimitada. Por si fora pouco, unha vez máis, o catálogo de convidados nesta nova entrada, non pode ser máis nutrido. Javier Bergia, músico e artista de culto, multifacético instrumentista, compositor e inspirado cantante. Todos os seus discos, e xa van trece, en solitario, posúen denominación de orixe ben contrastada. A audiencia ten na retórica deste singular personaxe a un dos seus baluartes máis completos e capacitados, disposto sempre a apoderarse dese baleiro argumental que ninguén como el enche. A biografía da súa emoción é resignada pero firme e fermosa, pois sabe o cantor que só o cotián resiste.

AXENDA

Facebook

23:30 h.
Bar Liceum, Porriño.
3 / 6 €