Javier Ruibal

Setembro 23, 2017

con invitada: Uxía
nota.

Ven a soñar o Sur nas cancións de Javier Ruibal. Deixate levar pola súa música e sentirás unha paixón arrolladora, exuberante, colorista e luminosa. Suresencias é un finísimo destilado da esencia dol Sur que entrará poderosamente por todos os teus sentidos. Co esmero e a dedicación do alquimista, Javier Ruibal oficia cada concerto como un chamán que te fará amar para sempre o Sur, nunha viaxe pola emoción cara a utopía.

De Javier Ruibal dinos Juan Manuel Caballero Bonald: “No xa copioso catálogo da obra de Javier Ruibal comparece unha cualidade que unifica sen dúbida o conxunto. Refírome á súa identificación cunha moi concreta tradición popular e, a partir de aí, aos seus modais de artífice dunha nova, actualizada, concepción artística desa tradición. A soldadura resulta perfecta en todo momento: o popular alíase co culto sen ningunha fisura, cunha impecable eficiencia. Podería dicirse que Ruibal canta acordándose do que viviu, reatopándose con certas modulacións do flamenco e dotándoas en cada caso duns innovadores nutrintes musicais. Ninguén conseguíu solventar como el esa difícil proposta estilística. Javier Ruibal dispón dunha exquisita e rigurosa vontade de integración na historia social coa que convive. As súas cancións son á vez fermosas e solidarias, íntimas e participativas, persoais e universais. Penso que os seus perseverantes poderes de convicción dependen, sobre todo, desa dobre sensibilidade humana e artística de Ruibal, o que non deixa de ser unha lección inesquecible.”

Trinta anos de oficio avalan a este músico creativo e diferente a todos os da súa cultura e xeeración. Compositor, arranxista, guitarrista e cantante. Autodidacta e heterodoxo. Músico de fronteira.

AXENDA

Facebook

59 minutes ago

Ábrete de orellas
Que seica din no PP que a televisión pública pagada por todos non está para informar ao gusto e conveniencia de quen goberna🤔Por iso volvemos preguntarlle a Alfonso Rueda: Para cando unha CRTVG libre de control político?#VenresNegro306CRTVG#DefendeAGalega ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Sala Riquela, Santiago de Compostela.
13 / 15 €