Javier Navas Quartet

Abril 02, 2017

nota.

O cuarteto liderado por Javier Navas supón unha visita a un repertorio jazzístico auténtico e cheo de modernidade, agrupación onde o vibráfono de Javier desenvólvese con maiores doses de expresión e enerxía.

Para iso, rodeouse dunha sección rítmica de primeirísimo nivel no panorama nacional, todos eles músicos referentes nos seus instrumentos. Juan Galiardo (piano), Bori Albero (contrabaixo) e Dani Domínguez (batería), músicos dunha dilatada experiencia como solistas e acompañantes. Tocaron e participaron nos clubs e festivais máis recoñecidos do jazz actual. Forman parte dalgúns dos proxectos máis interesantes do panorama jazzístico actual en España.

En maio de 2016 publicouse o primeiro disco da formación, Finally in my hands, cun repertorio integrado por composicións de Javier Navas, coa colaboración especial de Enrique Oliver, ao saxofón tenor.

AXENDA

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Mentres andamos a retraballar nunha cousa ben estimulante e necesaria, recuperamos traballos que non pasaron por Ábrete de Orellas ou o fixeron moi por riba."Memoria nova" é o último de Pantis @https://www.instagram.com/ulopantis/pantis.bandcamp.com/album/memoria-nova10 track album ... See MoreSee Less
Ver en Facebook