Javier Krahe

Abril 05, 2013

6 euros para soci@s

nota:
O seu estilo caracterízase polas letras satíricas e o uso habitual da rima consoante, con principais influencias de Leonard Cohen e George Brassens.
As cancións de Javier Krahe caracterízanse polo humor co que toca tanto temas sen importancia como temas tan duros como as formas de tortura (“La hoguera”), a morte, a política, a relixión, o sexo e o amor.
En 1981, xunto con Alberto Pérez e Joaquin Sabina grava en directo o disco “La mandrágora”, converténdose nun pequeno gran mito que, aínda hoxe, vende bastantes copias ó ano en España.
Antes en 1980 grava o seu primeiro disco “Valle de Lágrimas, no que destacan clásicos como “Lahoguera”, “La oveja negra” o “Marieta”. Debido as aparicións nos famosos programas televisivos de Fernando García Tola magnifican a este mítico trío e o cantante e consigue fichar pola multinacional CBS, na que grava varios traballos.
En 1980 grava o fantástico disco: “Valle de lágrimas”, en 1984 “Aparejo de fortuna”, en 1985 graba”Corral de cuernos” discos que teñen cancións destacadas como “Hoy por hoy”, a politicamente incorrecta “Donde se habrá metido esta mujer”, “Los caminos del Señor”, “Un burdo rumor”… No 86 grava “Haz lo que quieras”, un disco difícil de atopar xa que foi gravado por Hispavox e actualmente esta fora de catálogo; según Javier Krahe, este e o disco do que se sinte máis ledo. Nesta época colabora nun directo de Joaquín Sabina cantando o seu famosísimo “Cuervo ingenuo”, tema polo que foi vetado en RTVE durante varios anos.
Dous anos despois Javier Krahe grava “Elíjeme” (con “jota” de Javier) un duplo álbum recopilatorio coas mellores cancións de Krahe: imprescindible. En 1993, xa na firma Lollipop, grava “Sacrificio de dama” e tras un silencio de catro anos, saca “Versos de tornillo”, antepenúltimo disco hasta o momento con arranxos moito más modernos que os primeiros e co que volta aos temas dos seus primeiros discos. En 1999 saca “Dolor de garganta” coa sua nova discográfica: 18 chulos. O ano seguinte a sua anterior discográfica saca un recopilatorio (sen o permiso de Javier) chamado “Surtido selecto”. No 2002 sae á luz “Cábalas y cicatrices”. Outro directo no que nos sorprénde co seu inxenio e nos fai sorir e hasta rir cos sus inefables prólogos y salutacións. E continua quitando discos ao longo destes ultimos anos. …Y todo es vanidad (Homenaje a Javier Krahe) (2004). Cinturón negro de karaoke (2006). Querencias y extravíos (en vivo) (2007) Toser y Cantar (2010)

AXENDA

Facebook