Javi Maneiro

Maio 06, 2017

nota

MANEIRO PRESENTA ‘FURTIVOS’ ESTA FIN DE SEMANA EN VIGO E CORUÑA

O venres 5 actúa na Fábrica de Chocolate e o sábado 6 estará na mítica Mardi Gras a partires das 22.00 h en ámbalas dúas.
As entradas poden adquirirse de xeito anticipado en ticketea (10 euros+ gastos) ou en taquilla (12 euros)

Impredecible. Desde que Maneiro iniciara proxectos en solitario, os seus cambios de rexistro nunca deixaron de sorprendernos. ‘Furtivos’ é o primeiro álbum de Maneiro como solista. Tras superar no seu crowdfunding a barreira dos 10.000 euros, chega cunha proposta contundente e enérxica que recupera a esencia do rock nacional con letras que recollen anos de suor e escenario.

‘Furtivos’ inaugura unha nova era para a xa ampla carreira de Maneiro que avanza con paso firme cara a definición dunha identidade propia que sona desgarradoramente fresca.

Maneiro leva xa máis de 25 anos compoñendo e cantando: el mismo defínese como pai de familia numerosa pola súa participación en Heredeiros da Crus, con quen actualmente sigue en activo, e en Jabón Blue, un proxecto no que xa se pudo atisbar a personalidade musical arrasadora de Javi. En total, 12 discos de estudo ás súas costas, que lle conferiron a seguridade para enfrontar a súa primeira aventura en solitario.

A saída de ‘Furtivos’ responde a actitude vital coa que Maneiro confrontou as súas composicións: a vida só ocorre unha vez e Javi non quere quedar coa incertidume do que pudo ter acontecido. Por elo, para este debú, quixo darlle un tratamento moi coidado a las letras e delegou o traballo de produción musical en Iago Lorenzo, un xove pero salientable produtor galego que está colaborando coas mellores bandas de rock alternativo a nivel internacional. Foi masterizado por Robin Schmidt, que se encargou dos álbumes de bandas do talle de Placebo ou Mumford & Sons, entre outros.

Para a gravación, realizada nos estudos Nakra de A Coruña, da man de José Puga e Pachi Baldomir, contou con Manu Rey á batería, ‘Pony’ ao baixo e ‘Kuervo’ e Iago Lorenzo ás guitarras. Esta mesma formación será a que o acompañe en directo, despois do éxito na Capitol o pasado sábado.

Facebook

22:00 h.
Sala Mardi Gras, A Coruña.
10 /12 €