Jane Birkin

Outubro 27, 2018

nota:

Tras case unha década de silencio (discograficamente falando) e aos seus expléndidos 70 anos, Jane Birkin volve a cantar a Serge Gainsbourg no seu novo álbum, Birkin / Gainsbourg – Le Symphonique, editado a pasada primavera. Nel reinterpreta, xunto a unha orquestra sinfónica de 90 instrumentos, o repertorio que no seu día lle legou o pai da súa filla Charlotte.

Birkin / Gainsbourg – Le Symphonique inclúe cancións como From L”Anamour, Lost Song ou La Javanaise, temas que Birkin ven cantando desde 1969, cando o lendario poeta compuxo o rimeiro álbum para ela, Serge Gainsbourg / Jane Birkin.

En outono de 2018, Birkin chegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra grazas ao ciclo Voices para presentar este novo traballo, que foi eloxiado pola crítica internacional como “un proxecto fascinante que testemuña o amor de Gainsbourg por Brahms e Chopin” (Sunday Times). Toda unha homenaxe ao compositor máis celebrado de Francia en mans da delicada e melodiosa voz de quen fose a súa parella. Birkin contou para a ocasión coa colaboración do compositor e pianista xaponés Nobuyuki Nakajima. En Pontevedra, estará acompañada pola Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a batuta do director Javier Viceiro-Filgueira.

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook