nota:
dous grupos que orbitan entre folk americano e o rock. Jaimie Fifthring & The Coffee Breakers present…And what if it”s now? son trece cancións que van desde o folk máis intimista e campestre até o rock influenciado polos 90″s. Kozmic Blues está formado por Elise Denisse e Andy Bill. Aparecen na escena en 2015. Gravan o seu segundo álbum, “Dream For Winter” en Abrigueiro Studios, como eles mesmos din “Este disco é un soño outonal que percibe o inverno e o futuro como incertos”.
Jamie Fifthring despediu a xira de The Pilgrimage (2016) consolidándose como unha das grandes promesas do american folk no noso país. Agora presenta xunto á súa banda o que de seguro é o seu traballo máis ambicioso e persoal.
…And what if it”s now? son trece cancións que van desde o folk máis intimista e campestre até o rock influenciado polos 90″s. Un traballo máis eléctrico sen perder nunca como referencia as grandes paisaxes de Norte América.
Jamie Fifthring comezou a súa carreira en solitario no 2011 facendo unha revisión de clásicos do xénero como Steve Earle, Johnny Cash ou Lyle Lovett. Pouco a pouco foi incorporando temas propios ao seu repertorio, cos que grabou no 2015 o seu primeiro LP, Torches in the Alley, un dos 10 mellores discos galegos do ano segundo Mondosonoro e un dos 200 mellores discos internacionais do verán segundo 1001Records.
Despois de xirar con este repertorio en solitario por salas e festivais de boa parte de España, Jamie presentou xunto a Mundo Bakale (batería) e Abel Romero (contrabaixo) The Pilgrimage.
Para o seu terceiro traballo súmase a The Coffee Breakers o guitarrista Mateo Bruquetas. Agora si, unha banda redonda e un directo impecable, un derroche de forza e bo gusto que non deixará a ninguén indiferente.