Jamie Fifthring & the Coffee Breakers

Abril 21, 2017

nota.

Jamie Fifthring despediu a xira de The Pilgrimage (2016) consolidándose como unha das grandes promesas do american folk no noso país. Agora presenta xunto á súa banda o que de seguro é o seu traballo máis ambicioso e persoal.
…And what if it’s now? son trece cancións que van desde o folk máis intimista e campestre até o rock influenciado polos 90’s. Un traballo máis eléctrico sen perder nunca como referencia as grandes paisaxes de Norte América.

Jamie Fifthring comezou a súa carreira en solitario no 2011 facendo unha revisión de clásicos do xénero como Steve Earle, Johnny Cash ou Lyle Lovett. Pouco a pouco foi incorporando temas propios ao seu repertorio, cos que grabou no 2015 o seu primeiro LP, Torches in the Alley, un dos 10 mellores discos galegos do ano segundo Mondosonoro e un dos 200 mellores discos internacionais do verán segundo 1001Records.

Despois de xirar con este repertorio en solitario por salas e festivais de boa parte de España, Jamie presentou xunto a Mundo Bakale (batería) e Abel Romero (contrabaixo) The Pilgrimage.

Para o seu terceiro traballo súmase a The Coffee Breakers o guitarrista Mateo Bruquetas. Agora si, unha banda redonda e un directo impecable, un derroche de forza e bo gusto que non deixará a ninguén indiferente.

AXENDA

Facebook

11 hours ago

Ábrete de orellas
O último do trío Udra chámase "Paisaxe" e conta coa colaboración de Alejandro Vargas ao piano.👌youtu.be/udC6WfovzsYXa tedes o noso novo vídeo na nosa canle de youtube! Accedede na ligazón da nosa bio.Estamos agradecidas da colaboración do mestre @alejandrovargasrod así coma a man de @seimeiraproducions na gravación do vídeo e a de Fran Figueiral no tratamento da imaxe. O tema gravámolo en @garaxeland e está masterizado por @cacorefojo Desfrutemos da paisaxe!#udra #neosoul #desfrutemosdapaisaxe ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
A Pousada das Ánimas, Boiro.