Jai Galai (Budiño & Kepa Junkera) + Coanhadeira

Xuño 30, 2012

Xose Manuel Budiño e Kepa Junkera, dous dos artistas mais recoñecidos do folk galego e euskera, unen as suas forzas este ano 2012 nun proxecto chamado “JaiGalai” no que se dan a man as culturas de Galicia e Euskadi, e no que repasan os exitos das suas carreiras.

O grupo ourensán de música folk Coanhadeira actúa o sábado, día 30 de xuño, na Praza Maior de Ourense para presentar o seu último espectáculo, titulado “Jai Galai”, no que conta coa colaboración dos músicos Kepa Junkera e Xosé Manuel Budiño. Será a partir das 22.30 horas, con acceso libre e gratuíto para todas as persoas que desexen asistir.

Coanhadeira son Patricia López (voz e pandeireta); Xerardo Quintela (acordeón); Jesús Pérez, “Chechu” (gaitas e zanfona); Marcos Pérez (batería e percusión) e Óscar Freire (gaitas e saxos). O grupo naceu en Ourense no ano 2006 como un grupo de gaiteiros cunha base e sons eminentemente tradicionais. Co paso do tempo, o grupo sobre unha transformación e adaptación na que se mestura a formación clásica, a música tradicional e o folk con outras influencias musicais de todo tipo. Tamén engaden instrumentos “non tradicionais”.

O evento forma parte das actividades organizadas pola Concellería de Cultura con motivo da celebración das Festas de Ourense 2012.

22:30 h.
Praza Maior, Ourense.
De balde.