Jabier Muguruza

Marzo 07, 2014

nota:
presentará o seu último traballo, “Beste Hogei” (Outros vinte), que fai o número 12 da súa carreira como cantautor, cando se cumpren 20 anos desde que a iniciou.

Aínda que a alusión ao aniversario é obrigada, Jabier non nos ofrece un disco recopilatorio de vellas cancións. No seu caso, non hai billete para a nostalxia. Optou por ofrecernos outros 10 novos temas, como nunha clara declaración de intencións; declaración de seguir adiante, de seguir traballando na canción de autor.

Non é casual que o título sexa ‘”Beste Hogei” (Outros vinte) en clara alusión -en tempos tan complicados para a música e a cultura-, á vontade de continuar, sen abandonar a loita por publicar cancións e defendelas en directo.

Trala importante repercusión do disco anterior (máis de 40 concertos no País Vasco e fóra del, chegando a Polonia, EEUU, Marruecos, Francia…), Muguruza ofrécenos unha obra na liña daquel “Bikote Bat”: por unha banda, textos intimistas, escritos polos colaboradores habituais, e por outro, as súas composicións persoais… e o piano de Mikel Azpiroz, arroupando as melodías de Jabier.

Non podía faltar a voz de Mireia Otzerinjauregi, habitual en todos os discos do cantautor publicados os últimos anos. E ademais, unha lista de colaboradores de luxo, como querendo achegar ao aniversario un aire especial de celebración: a cantante galega Uxía, Gorka Benitez ao saxo, Joseba Tapia á trikitixa, Chris Case á trompeta, Xabier Zeberio ao violín…

Jabier Muguruza (Irun, 1960) é un músico e escritor vasco, membro dunha ilustre familia de músicos. Os seus irmáns Fermín e Iñigo formaron parte de bandas míticas como Kortatu ou Negu Gorriak. El comezou a súa carreira como cantautor nos anos 90 mesturando rock, pop e jazz. Ten publicado 12 discos en solitario, catro como membro do grupo Joxe Ripiau, co seu irmán Iñigo, e tres con Les Mecaniciens.

A súa carreira literaria tamén comezou nos 90 fundando o grupo Emak Bakia xunto a Bernardo Atxaga, Ruper Ordorika e Jose Mari Iturralde. Ten publicados seis libros, varios deles de literatura infantil.

Spotify: http://open.spotify.com/artist/0sFuliOYc4LmIU6CswvY3c
JM en Los Conciertos de Radio 3: http://www.rtve.es/alacarta/videos/los-conciertos-de-radio-3/conciertos-radio-3-jabier-muguruza/2152659/

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Café Auriense, Ourense.
6 / 8 €