J Teixi Band “Letra y música (2000/2018)”

Decembro 02, 2019

Este dobre CD compilatorio coincide coa publicación do dobre vinilo “Memorias de un tren”, que repasa e reivindica a traxectoria dos míticos Mermelada, xerme canda Los Elegantes do proxecto que protagoniza estas liñas. Sempre desde Madrid, varios músicos destas dúas bandas referentes de sons estadounidenses en castelán colleron o testemuño coa chegada do novo século e baixo o nome do seu principal compositor: Javier Teixidor. Desde que comezou o século, a J. Teixi Band son probablemente a formación española máis solvente e sólida na aliaxe de rhythm and blues, soul e rock. Se no 2011 editaran só un repaso da súa etapa Warner (até entón os álbumes “New crónicas”, “Voodoo Bar” e “Hazme una seña”), agora si que fan xustiza a case dúas décadas de traxectoria.

Nesta colección de 34 cortes non faltan éxitos como “Un beso mas”, ”Yo ya no soy”, “Es cruel”, ”Yo quiero ser”, “Psychedelic Sally”, “Rosas rojas”, “No quiero escapar”… mais ten que haber algún agasallo máis e por iso esta edición engade o reclamo de novas mesturas, remasterizados, temas ao vivo, unha toma alternativa de “Yo ya no soy” e cinco gravacións novas: “I don”t wanna go home” (coa voz de Velma Powell), “Ahora y siempre”, “Blues del carbón”, “Un beso más” e “Mundo extraño”. Äs xa editadas nada cómpre engadir, pero das novas o mellor que se pode dicir é que soan tan directas e efectivas como nos teñen acostumados. Se non os coñeces, aproveita este traballo e as súas dúas paradas en Galiza esta semana. As súas facetas de estudio e directo fanse xustiza mutuamente.

Pepe Cunha, 2-decembro-2019

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

15 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook