izal “magia y efectos especiales”

Abril 26, 2012

A historia desta nova banda aseméllase a de moitas outras pois é o resultado da unión de músicos con abonda bagaxe noutras formacións. O vocalista e compositor vasco Mikel Izal asina os 11 temas e dá nome a unha banda que se foi completando con Alejandro Jordá (batería), Emanuel Pérez baixo), Alberto Pérez (guitarras) e Ivan Mella (teclados). Tras presentarse no 2010 co EP “Teletransporte”, deron máis de 60 concertos, incluídos o festival Sonorama e o Festival Internacional de Quito (Ecuador). Esa intensidade de concertos conseguiron reflectila na gravación deste disco nos estudios RENO de Madrid coa produción de Luca Petricca (Annie B Sweet, Vinila Von Bismark, Hola a todo el mundo, Jorge Drexler, Dinero, Marlango …).

Desde a primeira escoita caemos na tentación de asocialos con Vetusta Morla pola semellanza vocal e ese certo ton épico que os achega tamén a uns Standstill. Porén, esa arma de dobre fío que é lembrar a unha banda “de moda” non debe impedir que recoñezamos coas escoitas unhas cancións de seu. As letras teñen esa expresividade poética dun cantautor e a música foxe da linealidade nas súas estruturas, conseguindo transmitir unha intensidade e vitalidade máis propia das actuacións en directo. Coma mostras, a máis musculosa “Prueba y error”, “Magia y efectos especiales”, baile en “Extraño regalo”, máis luminosidade pop en “Qué bien” e unha “Sueños lentos, aviones veloces” de melodía máis suramericana. En resumo, unha proposta traballada á par que asequible e á que podes facer un oco canda Lori Meyers, Love of Lesbian, Supersubmarina e as mencionadas Vetusta Morla e Standstill.

Pepe Cunha, 26-abril-2012

por certo, visítannos estes días:
venres 27 ás 22:30h: Centro cultural de Vilalba., entrada libre
sábado 28 ás 23h: Sala Sitio Distinto, Santa Cristina, Oleiros, A Coruña. entrada libre

Facebook

2 days ago

Ábrete de orellas
Hoxe é o Día Internacional das persoas con discapacidade e por iso recuperamos esta canción, na que Seso Durán adaptou un conto sobre o seu fillo Manuel escrito por María José Ferrada. "O traballo pon o acento na diversidade funcional, en que sempre hai máis do que se ve a simple vista e un pequeno misterio en cada cousa."Inquedanzas Sonoras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook