Iván Ferreiro

Outubro 17, 2014

nota:

Iván Ferreiro presenta en Ferrol este 17 de outubro o seu sexto disco, “Val Miñor-Madrid, Historia y Cronología del Mundo”, que saiu á venda o 24 deste mes. O concerto, enmarcado no Ciclo Sons Ferrol que promove a Concellería de Cultura de Ferrol coa colaboración da promotora I-Radia Crea, será ás 21 horas no Auditorio de Ferrol. As entradas xa están á venda no Teatro Jofre e en www.servinova.com, a un prezo de 18 euros por anticipado e 20 euros no día do concerto.

Tres anos despois do seu último traballo de estudo, presenta este álbum; un tempo necesario segundo explica o artista vigués para deseñar un novo mundo musical e mesmo un novo Iván Ferreiro. O ex-líder de Los Piratas concibe este disco como o comezo dunha saga que conta a xénese e o proceso dun novo mundo que foi medrando diante dos seus ollos.

Unha viaxe a través dos seus últimos anos dá lugar ao que se pode definir como unha nova etapa musical de Iván Ferreiro. Son unha ducia de cancións con dúas máis na edición especial do disco, que inclúe un xogo, un taboleiro e un libreto coa historia deste Mundo contada polo propio Iván Ferreiro.

O resultado é un traballo no que a tranquilidade do proceso creativo, compositivo e de gravación destílase en cada nota e en cada vibración, presentándonos un disco máis maduro e persoal, no que se permite xogar e explorar a través dos seus temas. En “Val Miñor-Madrid, Historia y Cronología del Mundo” conta con importantes colaboracións, como a de Marc Ros (Sidonie), Julieta Venegas, Matthew Simon ou Ramón Marc Bataller. O álbum saiu á venda en formato CD Box (co taboleiro de xogo e 2 temas extra), LP (vinilo azul e CD) e en edición dixital.

ENTRADAS: Teatro Jofre e servinova.com.

AXENDA

Facebook

8 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Auditorio de Ferrol.
18 / 20 €