Ith

Marzo 24, 2018

nota:

“O mínimo que o contén todo” é o título do novo traballo da banda de Xanceda (Mesía).

Lalín será a primeira vila que visite Ith dentro da xira de presentación do seu novo disco “O mínimo que o contén todo”. Será no Pub Óxido o vindeiro sábado 17 de marzo. Despois deste arranque seguiranlle actuacións no Pub O Garaxe de Carral ou na Cervexería O 27 de Ordes, entre outros moitos concertos que a banda xa ten pechados para os vindeiros meses.

“O mínimo que o contén todo” é un traballo discográfico gravado, producido e mesturado en Abrigueiro Estudios (Friol – Lugo) por Arturo Vaquero. Contén seis temas de composición propia, así como un poema do samanense Fiz Vergara Vilariño musicado polo grupo. Ith continúa mantendo neste novo álbum o espírito de facer rock galego e en galego, aínda que con novas ideas e sons que a banda -Lucía, Miguel, Toxo, Gonzalo e Folgueira- quixo deixar plasmados nel. A temática das cancións vai dende a sempre presente reivindicación, necesaria en toda sociedade, ata o máis puro sentimento e emoción.

O disco xa se pode adquirir en formato físico contactando co grupo ou en recoñecidas tendas como a Fnac ou o Corte Inglés, así como en diversas plataformas de venda e escoita online como Spotify, Deezer, Apple Music ou Soundcloud.
Datas de Presentación:

17 Marzo: Óxido(Lalín, 23:30h.)
24 Marzo: Bar-Pub O Garaxe (Carral, 23:00h.)
07 Abril: Cervexería O 27 (Ordes, 23:30h.)
14 Abril: Tenda Matiz (Ourense, 13:00h)
14 Abril: Sala A Arca da Noe (Vilar de Santos, 23:30h.)
20 Abril: Soa Irish Pub (Guitiriz, 22:30h.)
21 Abril: Sala Var con V (Moaña, 23:00h.)
27 Abril: Sala Lanzós (Betanzos, 23:00h.)
04 Maio: Baranda O Barco (O Barco de Valdeorras, 23:30h.)
05 Maio: Sala Auriense (Ourense, 22:00h.)
12 Maio: Sala O Con do Moucho (Illa de Arousa, 23:00h.)
16 Maio: Sala Forum Celticum (O Burgo, 23:00h.)
18 Maio: Sala Doppler (Vigo, 23:00h.)
19 Maio: Sala Gatos (Melide, 23:30h.)
26 Maio: O Vello Cárcere (Lugo, 18h.)
26 Maio: Sala Clavicémbalo (Lugo, 23:30h.)
02 Xuño: Gentalha do Pichel (Santiago de Compostela, 22:30h.)
23 Xuño: Festival Areal de Berres (A Estrada-Pontevedra.)
10 Xullo: Ciclo Día da Patia Galega (Fene, Praza do concello, 23:00h.)

AXENDA

Facebook

6 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook