Isaías Salazar Trío

Outubro 03, 2014

nota:

ISAÍAS SALAZAR TRÍO: ENTRADA 3€

Cando a pasión , o coñecemento e a experiencia se unen, o resultado é sempre único e rotundo. Esto é exactamente o que sucede cando baila Isaías Salazar e o acompaña Miguel Flores á guitarra e Iria Peña ao cante. Todo encaixa, os sonidos veñen e van coa naturalidade de quen sabe o que quere decir e como decilo. A linguaxe: O FLAMENCO.
Estes tres artístas encontranse en Compostela atraídos pola ebullición do flamenco que ven demandando o público da cidade, crean este espectáculo, QUELIBÉN, que con elegancia, pero sen límites expresivos nos leva de viaxe polo mundo do ritmo, movemento e beleza tan espontáneo como fácil de apreciar por calquera tipo de público. Nesta formación os tres artístas únense como elementos esenciais do flamenco máis honesto e apasionado, expresándose na dualidade entrea tradicón e a vangarda deste arte.

AXENDA

23:00h.
Café DZine, San Sadurniño.
3 €