Iria Estévez

Setembro 15, 2018

nota:

Iria Estévez [Clave de Fado] presenta Atlántica en Sala SUPER 8

IRIA ESTÉVEZ, unha das cantantes máis valoradas da xeografía galega, presenta o seu traballo en solitario. Tras unha exitosa andadura dirixindo proxectos como CLAVE DE FADO ou ARIFI e colaborando con moitos outros, Iria Estévez mostra agora o seu lado máis íntimo con este novo proxecto: ATLÁNTICA.

O fado, o son, a cantiga galega, músicas de Cabo Verde a Arxentina, que reflexan o eterno navegar; ás veces sereo e suave e outras, enérxico e intenso.

Con esta nova proposta Iria Estévez nos transporta a terras próximas e lonxanas, a través das músicas que navegan no noso mar.

AXENDA

Facebook