Iria Estévez e Gonzo Piña

Febreiro 22, 2013

nota:
Iria Estévez e Gonzo Piña .Sonidonia (mestura musical)

Voz: Iria Estévez; guitarra, efectos, baixo: Gonzo Piña

Benvidos a SONIDONIA! Un pequeno mundo de músicas, sons de aquí e de acolá, para ser compartidas, escoitadas, bailadas, cantadas, gozadas!!!
Dous dos compoñentes de En Clave de FaDo, Iria Estévez, a vocalista, e Gonzo Piña, baixista-guitarrista , atrévense nesta ocasión con músicas de diferentes xéneros e de moi diversas orixes, mesturando a saudade dos fados, a forza blues, a dozura da cantiga galega, o agarimo dos boleros, a enerxía da música negra… Miscelánea musical; músicas de antes e de agora interpretadas dun xeito moi particular!!!

AXENDA

23:30 h.
Pub Clavicémbalo, Lugo.