inscrición X concurso de maquetas Millo Verde

Xaneiro 27, 2017

nota:

Festa “Inscripción ó X Concurso de Maquetas Millo Verde” 1 de abril de 2017 na antiga feira do gando, Redondela

A Asociación Millo Verde abre por un ano máis a convocatoria para o seu X Concurso de Maquetas, un certame que busca ofrecer unha oportunidade a
novas propostas musicais de Galicia e Portugal, dirixido a grupos independentes sen disco editado por discográficas profesionais.

As bandas poden presentar, ata o 28 de Febreiro, no correo electrónico concursodemaquetas@gmail.com, un conxunto de tres cancións en formato
mp3, sexa por enlace a unha páxina de descargas ou adxuntos ao propio mensaxe (ATENCIÓN: non se admiten enlaces a páxinas en streaming). Do
total de maquetas recibidas, a asociación seleccionará un total de 2 grupos que participarán nunha festa-concerto o 1 de Abril que se celebrará na Antiga Feira do Gando de Redondela.

Nesa celebración, o público asistente votará polo gañador final, o cal percibirá 300€ e formará parte do cartel do XI Festival Millo Verde, que terá
lugar en Redondela os días 8, 9 e 10 de Xuño de 2017, mentres o segundo finalista percebirá unha recompensa de 100€. Os gañadores serán anunciados por nota de prensa, na páxina web do fetival (www.milloverde.org) e nas redes sociais.
En anos anteriores os organizadores recibiron sobre 30 maquetas, e este ano xa veñen recibindo mensaxes de grupos interesados en participar no
concurso.

Información xeral do Festival Alternativo Millo Verde 8, 9 e 10 de Xuño de 2017
O Millo Verde é un festival de música e artes alternativas sen ánimo de lucro e totalmente gratuito que se ven celebrando dende o 2007, tendo sempre como prato forte a celebración dos concertos durante a fin de semana. Nestes xa participaron bandas do calibre de Dios ke te crew, Fuel Fandango, Belop, Ché Sudaka, Talco, The Anomalys, Blasted Mechanism ou Vinila Von Bismark cunha asistencia que nos últimos anos ronda as 4.000 persoas durante todo o finde semana, moitas delas durmindo na acampada libre que habilita a asociación.

O festival tamén organiza actividades para todo tipo de públicos, como obradoiros ou contacontos para nenos, e actividades de outra índole coma
Eskalabirras, Jam Graffitti, Basket 3×3, Futbol 3×3,… A éstas actividades típicas do festival sumaranse outras novidades que se irán coñecendo máis
adiante.

AXENDA

Facebook