nota:
A Asociación Millo Verde abre por un ano máis a convocatoria para o seu XV Concurso de Maquetas, un certame que busca ofrecer unha oportunidade a novas propostas musicais de Galicia e Portugal, dirixido a grupos independentes sen disco editado por discográficas profesionais.
As bandas poden presentar, ata o 15 de marzo, no correo electrónico concursodemaquetas@gmail.com, un conxunto de tres cancións en formato mp3, sexa por enlace a unha páxina de descargas ou adxuntos ao propio mensaxe, máis un video da banda. Do total de maquetas recibidas, a asociación seleccionará un total de 2 grupos que participarán nunha festa-concerto o 15 de abril que se celebrará na Antiga Feira do Gando de Redondela.
Nesa celebración, o público asistente votará polo gañador final, o cal percibirá 500€ e formará parte do cartel do XVI Festival Millo Verde, que terá lugar en Redondela os días 1, 2 e 3 de Xuño de 2023, mentres o segundo finalista percebirá unha recompensa de 150€. Os gañadores serán anunciados por nota de prensa, na páxina web do festival (www.milloverde.org) e nas redes sociais.
En anos anteriores os organizadores recibiron sobre 30 maquetas, e este ano xa veñen recibindo mensaxes de grupos interesados en participar no concurso.AGRADECEMOS A MÁXIMA DIFUSIÓN DESTA NOTA DE PRENSA
En anos anteriores os organizadores recibiron sobre 30 maquetas, e este ano xa veñen recibindo mensaxes de grupos interesados en participar no concurso.AGRADECEMOS A MÁXIMA DIFUSIÓN DESTA NOTA DE PRENSA