III Festival de Jazz: André Carvalho Group + Kurt Rosenwinkel Standards Trio

Agosto 13, 2019

nota:
O Festival de Jazz de Moaña consolidase con esta 3ª edición como un dos festivais de jazz máis importantes de Galicia cun cartel internacional de máximo nivel.

Como xa é habitual, entre o 13 e o 14 de agosto celebraráse o Festival de Jazz de Moaña. Será na arboreda da Xunqueira, un marco incomparable onde se poderá desfrutar do mellor jazz galego, nacional e internacional. Nesta 3ª edición destaca a participación de algúns dos grupos e músicos máis importantes do jazz a nivel mundial. Figuras coma os americanos Kurt Rosenwinkel, Greg Hutchinson ou Michael Kanan mistúranse con músicos nacionais como Mayte Alguacil e Jorge Rossy e cos galegos Xan Campos e Iago Fernández nun cartel de altísimo nivel digno dos festivais máis punteiros do país.

Os encargados da apertura do festival son André Carvalho Group, ás 21:30 horas, quinteto a cabalo entre novaiorque e portugal liderado polo contrabaixista André Carvalho. Para deixar paso a Kurt Rosenwinkel Standards Trío, que comezarán a súa aactuación ás 22:45 horas. Kurt Rosenwinkel é un dos guitarristas máis importantes e influíntes do jazz dos últimos 20 anos. Acompañado por Alex Claffy no contrabaixo e Gregory Hutchinson á batería, descrito por Jazz Magazine como “o baterista da súa xeración” e un dos músicos máis respectados do noso tempo

O día 15 o festival comezará o medio día, ás 12:30 horas, cunha sesión vermú a cargo de Antonio Otero Quartet. Para logo continuar ás 21:30 horas co Xan Campos Trío, un dos proxectos galegos con maior traxectoria e proxección. Ás 22:45 horas seguiremos con Mayte Alguacil Quartet. A catalana Mayte Alguacil, unha das mellores voces do país, estará acompañada por un trío de luxo. Michael Kanan, Horacio Fumero e Jordi Rossy. Tres dos músicos máis cotizados da escea jazzística actual.

O festival rematará cada día cunha jam sesion onde todos os músicos presentes poderán compartir o esceario. O primeiro día o trío de David Puime será o encargado da apertura desta jam sesion. Mentres que o mércores será Diego Alonso co seu trío quen se encargará da apertura.

AXENDA

Facebook

10 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Arboreda da Xunqueira, Moaña.
De balde.