III Feira do Disco no Embora Bar.

Abril 11, 2013

nota:
O sábado 13 de abril celébrase a III Feira do Disco no Embora Bar, en Santiago de Compostela

A Feira, especializada en vinilo, contará coa presenza dalgún dos vendedores cos mellores catálogos que se poden atopar en Galicia.
O evento durará todo o día e contará coas actuacións dos grupos Santos Morcegos e Thee Boas, ademáis da posibilidade de xantar e merendar disfrutando de apasionantes pinchadas.

Por terceiro ano celébrase a Feira do Vinilo no Embora Bar no que os amantes do vinilo poderán atopar diferentes xoias e rarezas así como clásicos e discos imprescindibles a todos a os prezos para seguir ampliando as nosas discotecas nestes anos de rexurdimento do añorado vinilo.

O Embora Bar, organizador do evento, plantexa será unha festa continua que arrancará á hora do vermú e rematará co peche do bar ben entrada a noite na que teremos:

Concertos

Santos Morcegos (A Guarda, Surf & Western). Estes salvaxes do rock instrumental amenizarán a sesión vermú presentando o seu novo álbum Raios e Centolas.

Thee Boas (Compostela, Garaxe). Unha das revelacións da tempada estará despregando toda a súa sicodélica enerxía na terraza do Embora cando caia a tarde.

Pinchadas

Durante todo o día non deixará de soar a múscia dende a cabina do Embora, pola que pasarán a pinchar xoias de vinilo… Alberto (de El Beasto Records); Landras, cunha selección de psicodelia, garaxe, r&b, earlysoul, punk; Julio Valle (membro de Thee Boas) cos mellores hits do glam ao punk; Andrea (de Bizarrian) para encher os nosos corazonciños mods con pildorazos de beat, ye ye, soul e pola noite, Dj Sanma ofrecerá unha sesión da mellor música negroide.Ademáis, todo aquel que quera gobernar o plato, non ten máis que acercarse a cabina e ofrecer aos asistentes o mellor da súa colección.

Comida, bebida e sorteos

E para que o Corpo aguante esta intensa xornada haberá hamburguesas caseiras, canciños quentes, xamón asado e algunha sorpesa, ademáis das mellores bebidas e cócteles marca do Embora e sorteos de lotes de discos.

E aquí tedes o evento de Facebook con todos os detalles :

AXENDA

Facebook