II Festival do Leite: Siniestro Total + Familia Caamagno + Caxade + Adrián Costa and the Criers + Primordiais + Os amigos dos músicos + Terbutalina…

Setembro 23, 2017

nota

A segunda edición do Festival do Leite, organizada por Deleite Galego, terá lugar o sábado 23 de setembro no Parque do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Será unha xornada de música para toda a familia, grandes e pequenos, coa que queremos resaltar a importancia cultural e económica do leite para Galicia.

Comezaremos a iso das 12:00H coa programación de concertos.
Actuarán Terbutalina, Adrian Costa & The Criers, Best Boy, Os Amigos dos Músicos, Escuchando Elefantes, Atrás Tigre, Musel, Caxade, The Funkles, Primordiais, Cachas & Cousins e…como non, Touriñán.

Haberá postos de comida e bebida, así que podedes quedar a comer e a pasar a tarde. A idea que temos sempre para o Festival é que funcione coma unha romaría.

A entrada será de balde, pero agradecemos que, na medida do posible, aportedes nos puntos de acceso alimentos de primeira necesidade (pasta, arroz, aceite, galletas, etc.) con destino á Federación Galega de Bancos de Alimentos, coa que vén colaborando Deleite dende os seus inicios.

Todo o beneficio que se xere de barras e merchandising irá para ONGs que traballan cos refuxiados.

AXENDA

12:00 h.
Parque do Pazo de Feiras e Exposicións, Lugo.
De balde.