Igor Paskual

Febreiro 12, 2016

nota:

Teatro Jofre (Praza de Galicia S/N). Apertura portas: 20:15h. Venda de entradas en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-jofre/6040–igor-paskual.html *As 19:10 horas presentación do seu último libro “Rugidos de gato” con Igor Paskual, Suso Basterrechea (Concelleiro de cultura) e Fernando Tanxencias (Popular 1)

Igor Paskual é un artista completo. Escritor, compositor, guitarrista, licenciado en Historia da Arte, columnista en xornais e apaixoado do fútbol (escribe sobre iso na web do Marca e na revista Libero). Todo o que leva a palabra “cultura”, pódese asociar con Igor Paskual.

Agora estamos diante de “Tierra firme” (DRO/ Warner music), un disco de rock ecléctico e elegante, rotundo e sensibel, que colle o rock como unha terra firme dende o fuxir da heterodoxia e buscar as afinidades e influencias que Igor atesoura. Cancións como “Tú y yo”, “Tierra firme” ou o lado máis rock “Alborada” ou “Nuevo cine español” o convirten no último clásico, e un quintacolumnista do rock. Para iso, como él ben di, “Ha tenido la suerte” de grabar o disco en Xixón, na súa Asturias, xunto a Carlos Stro, quen producíu o disco nos estudios Fase 4.

Ángel Carmona (“Hoy empieza todo” de RNE) dicía de él fai unhos días:
“ A Igor gústalle pasear polo fío da navalla. Lévate o borde do precipicio e a partir de ahí é a túa opción salvarte ou despeñarte. Para escomenzar, Igor non é un rockero 100%; está cómodo situado ó outro lado da franxa inimiga. Para rematar, Igor é un conversador de matrícula de honor. Con pinta de Mala Semilla, se abres o plano verás unha tele co equipo dunha pequena cidade perdendo. Él, como ese equipo aguérrido, mantén a emoción ata o minuto 90. Nese intre, marca e gaña”

Igor Paskual (Donostia 1975) iniciouse musicalmente en Babylon Chat donde lle deu duro o glam- rock, no ano 2003 formó parte de Loquillo y Trogloditas. Su relación con Loquillo segue ata hoxe e converteuse nun dos seus mellores aliados, compoñendo moitas cancións xuntos e sendo o seu guitarrista de referencia. Debutou como escritor en 2013 co seu controvertido “El arte de mentir” (Difácil 2013) e recentemente publicou “Rugidos de gato” (EFEME 2015), unha compilación de artículos musicáis.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook