Igmig + The Fulans

Xullo 07, 2017

nota:

Podería ser un vocablo alemán de complicada pronuncia, pero IGMIG é un trío musical vigués de difícil clasificación. Fundado por (Ig)nacio Muñoz (Mercedes Peón, Budiño) na voz e teclados, e (Mig)uel Seoane (Budiño) na voz e guitarra, IGMIG comeza como
dúo experimental alá polo 2001, ata que, anos máis tarde, entra en escena Suso Feixón (A Roda) e a súa percusión. Pospunk, rock progresivo, electrónica, música clásica do século XX e unha posta en escena teatral e eufórica definen a este trío, parte do
colectivo musical La Metamovida.

Despois do seu delirante primeiro traballo, Shaishakarraskaishe (2014), os Igmig voltan á carga con Ai que Lío! (2017),un disco cargado de sorpresas, sentido do humor e
inimaxinables combinacións sonoras tan características da banda.
Fieis a súa explosiva mestura de rock, electrónica, música contemporánea e world music, Ai que Lío! reflicte con claridade e contundencia o enorme oficio e liberdade creativa da banda galega.

Apertura puertas 22:00 Concierto 22:30. Entrada anticpada 8€ en Salamardigras.com, taquilla 10€.

Facebook

22:00 h.
Sala Mardi Gras, A Coruña.
8 / 10 €