idealipsticks “humanimal”

Maio 13, 2013

O terceiro álbum como o da consolidación? Tras escoitarmos aquí no seu día “Radio days” e “Sing & songs” e agora este “Humanimal”, podemos recurrir ao tópico para referírmonos ao novo traballo da parella de Guadalaxara formada por Eva e Jave Ryjlen. Repiten produción con Paul Grau e consolidan unha banda de acompañamento para que o proxecto vaia equilibrando a inmediatez que os deu a coñecer e unha continuación máis de exploración ou búsqueda.

Xogando co título do álbum, resultan máis animais, básicos e instintivos no musical e deixan que a parte humana detalle ou matiza un chisco. As cancións breves, concisas e enérxicas apostan por manter a crudeza e a espontaneidade pero agora en conxunto se abren a máis rexistros, como en “Walking”, “Glittering Stone” ou “From the Pavement”.

Tiran de riffs e percusións marcadas, chiscos á tradición rocanroleira de diferentes épocas (grupos de chicas dos 60, blues-rock primitivo, unhas pinguiñas de glam, psicodelia, garaxe ou new wave), retrousos tan pegadizos e tarareables como “Oh My Man” e sempre alternando voces feminina e masculina ben cargadas de pose ou actitude. Idealipsticks fan rock n roll, sen máis pretensións que sonar vibrantes e cunha produción directa e por momentos espesa ou densa, próxima aos seus concertos.

Pepe Cunha, 13-maio-2013

AXENDA

Facebook