Hugo Arán

Setembro 18, 2014

nota:
o cantautor Hugo Arán (Sabadell, 1980), unha nova promesa comeza o seu proxecto en solitario armando un repertorio que mestura estilos como a bossa nova, o baiâo, a zamba ou o jazz.

A súa música adoita unha linguaxe íntima e sinxela, esquivando tópicos e lugares comúns. Cancións para un mundo que xira cada vez máis rápido e que a veces pide a berros algo de silencio.

Arán deuse a coñecer no certame estatal de cantautores Cantigas de Mayo (Murcia, 2009) como o 50% do dúo Tato Azevedo. Logo comezou a súa carreira en solitario, dono de sí e dunha voz doce, melosa e dúctil, e publicou o seu primeiro disco, ‘Anuario’, que agora nos presenta.

Segundo o crítico Fernando Neira, “en Hugo Arán conflúen o Mediterráneo, o voluptuoso salitre brasileiro, Drexler e Márcio Faraco, a harmonía inesperada e a sorpresa en cada verso”.

Arán está a presentar “Anuario” por Galicia adiante. Xa estivo en Ferrol, A Coruña e Bueu; o xoves estará en Compostela, o venres 19 en Ourense (Café Jam Session) e o sábado 20 en Vigo (Café Uf).

AXENDA