Hotel Nebraska “Confortable decadencia”

Marzo 16, 2021

Recibimos o sexto traballo dunha desas bandas que a estas alturas da película xa non pensan en agradar para daren o “pelotazo”. Son de seguir a faceren cancións dignas e presentalas o mellor posíbel, sen unhas intencións comercias que pouco sentido teñen hoxe en día. Así levan desde 2004 sumándose ao pop-rock de manual anglosaxón e cantado en castelán, aínda que desde o seu disco anterior (“La nostalgia”, 2004) sexan xa o proxecto dos dous superviventes da formación orixinal: Guillermo Llopis e Gonzalo Anaya,.

Talvez este factor explique unha maior concreción nas cancións que entregan agora, máis cara ao pop, máis directas, con melodías claras e riffs e retrousos efectivos. A veteranía é un grao, facilita calquera movemento estilístico sen deixar de seren eles mesmos e “Droga dura”, “Ratos muertos” ou sobre todo “Vivir es un estado mental” son exemplos desa procura de máis inmediatez. En conxunto, esta colección amósaos nun bo estado de forma, mantendo ese romanticismo de quen pensan que existe “La canción que me salvó la vida” pero que tamén son conscientes da súa realidade (“Confortable decadencia”) e da do mundo enteiro (“Temperaturas en aumento”), de que o tempo “Pasa”, das ganas de fuxir (“Horas contadas”), de que se pode cantar aos “Ratos muertos”…

Dividido en dez pílulas de tres a catro minutos, probablemente non será un disco popular ou non teña candidatas a canción do ano, pero “Confortable decadencia” mantén estilo e elegancia pop-rockeira de principio a fin, co labor salientábel na gravación de músicos da escena valenciana como Edu Olmedo, Quique Bifiter, Juancho Plazas ou Paco Morillas. Como bos románticos, autoeditan, co apoio de Infinito Discos, subselo do Bonavena Música de Manolo Bertrán (Doctor Divago) e Raúl Tamarit (Los Radiadores)

Pepe Cunha, 16-marzo-2021

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
💥💥💥 NOVA CANCIÓN 💥💥💥🎶 ARROLO> dispoñible en todas as plataformasUn arrolo tradicional, recollido e adaptado por Moncho Díaz, con arranxos musicais de Xoán Fuertes.Nesta ocasión contamos coa colaboración do marabilloso músico @abrahamcupeiro quen consegue evocar de maneira admirable sons que nos levan ao pasado.Deseño da capa: @yasdeluaces. . . . . . . . . . . . . . .Este tema forma parta dunha serie de cancións que o grupo saca á luz en conmemoración do seu 50 aniversario e que acompañan á exposición “Fuxan os Ventos. 50 anos de historia” que, na súa itinerancia polo país, pódese gozar na Coruña ata o 2 de xuño, na sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga.@coruna_gal@cultura.coruna.... .#fuxanosventos #arrolo #abrahamcupeiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook