holywater ” the path to follow”

Decembro 02, 2010

A banda galega deixa Astro para este seu cuarto álbum que edita coa tamén galega Ernie. Ademais, reforzan a calidade da súa gravacións nos estudios Ultramarinos Costa Brava coa co-produción de Santi García, todo un seguro (The Homens ou Nueva Vulcano entre moitos outros poden constatalo). O que non cambia na continuación de “Tranquility” (2008) é que consolidan a madurez da súa proposta: rock alternativo dos 90, de corte americano e con ese ton escuro polo que escoan liñas de luminosidade. O comezo do álbum abraia coa súa forza, dinamismo nas melodías, crudeza, contundencia, unhas guitarras afiadas e o magnífico vocalista que é Ricardo Rodríguez. Xa sexa na dura “In your head”, nunha “Shame On Us” de aire máis grunge-pop con Ricardo desgarrándose tanto como as guitarras, no intimismo de “Confrontation’s Done” ou “The Tunnel”, seguimos a apreciar uns sons guitarreiros directos e conseguidas melodías enchoupadas por rabia, emoción e mesmo un chisco de épica. Porén, non é nada doado manter un nivel tan alto de intensidade e frescura e a partir de “Ruined” os temas crecen en densidade e duración e a atención inicial non se mantén. Medios tiempos coma “Ruined”, “Questions” ou mesmo a brutalmente intensa “Try” non deixan a pegada dos primeiros temas, aínda que si sexan unha notable carta de recomendación para os directos da banda. Non decepcionarán aos seguidores e sorprendarán aos neófitos, pero a segunda parte do disco cae con frecuencia na linealidade. Os seus seguidores xulgarán se é o seu mellor álbum ou non, pero do que non deixa dúbida é dun son consolidado e impecablemente executado. Seguen a ser enérxicos, intensos e cribles coma poucos.
Pepe Cunha 2-decembro-2010

AXENDA

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook