nota:
HERMANOS CUBERO
Folk manchego e bluegrass
A idea de mesturar o folclore manchego co bluegrass xenuinamente americano é algo que posiblemente só estaba na cabeza dos Hermanos Cubero. O resultado é atractivo e sorprendente a partes iguais. Os irmáns manchegos Quique e Roberto fusionaron con mestría as súas influencias e déronlles forma a través das súas dúas voces, unha guitarra e unha mandolina. E teñen moi claro que non necesitan máis no que se refire ao apartado musical. O broche de ouro póñeno as súas letras punzantes e cargadas de mensaxe, camufladas con moita arte mediante unha sátira que adoptaron do cancionero tradicional deste país e en concreto da Alcarria, a súa terra á a que recorren frecuentemente a modo de musa.