nota:
Despois de varios anos agardando por un incerto regreso, o 3 de marzo de 2012 facíase realidade o soño de toda unha xeración: volver ver sobre un escenario aos míticos Heredeiros da Crus. Un verano de festivais con cheos absolutos e milleiros de persoas entoando todos e cada un dos temas da banda de Ribeira puxeron o resto. Dez anos despois, decídense a publicar un novo disco, JARD ROCK CON FE, e volven á discoteca LP45 para presentalo.