Helena Goch “Little Tiny Blue Men”

Marzo 17, 2015

Chega de Valencia co título de “artista emerxente” para a audiencia do programa veterán de Radio 3 Disco Grande. O selo radicado en Galiza Ernie Producciones aposta por un debut ambicioso, pois nel atopamos músicos pertencentes a bandas recoñecidas do panorama alternativo español (Havalina, The Sunday Drivers, Tulsa, We Are Standard, Nudozurdo …) e liderados pola produción de Julio de La Rosa. Encaixa de inmediato na tendencia-moda das vocalistas femininas de fraxilidade aparente e cantando en inglés, polo que gozará de certa atención mediática xunto co risco de quedar eclipsada por esas Russian Red, Anni B. Sweet, Alondra Bentley … cada unha coas súas caracteríticas propias, claro. Ademais das mencionadas, veñen á mente unhas CocoRosie, Alanis Morissette, The Sundays, Marianne Faithfull, Cat Power…

Malia amosar unha dicción con tendencia á ampulosidade ou a sobreactuación, non andan en absoluto faltas de encanto estas 10 cancións coa súa carga de melancolía ou contención rabiosa, segundo a vivencia ou historia que as inspira: relacións, despedidas, encontros … Trátase dun pop-folk de melodías efectivas, tanto espidas (a proba nos vídeos subidos a Youtube) como pasadas ao estudio. Escoitado o resultado, un Julio de La Rosa en estado de graza (Goya á banda sonora por “La Isla Mínima”) amosa bo gusto para vestilas de ornamentos instrumentais ben acaídos de piano, cordas ou percusión.

“To the Sky”, “Perhaps” ou “Trafalgar” son pop luminoso, pílulas efectivas de 3 minutiños; “Stay Away”, “Hopeless” ou ”Goodbye to You” móvense na melancolía, languidez e deixan un sabor agridoce; “Holy Sacrament” e “La maga” poñen o ton máis intimista, contido ou reflexivo … En definitiva, que aquí se abre un camiño e o tempo dirá que pasará coa Helena Sanchis-Guarner vocalista-compositora (tamén é actriz). Veremos se consolida un selo propio, se trascende e “sobrevive” no bosque dunha moda, pero este debut é realmente notable.

Pepe Cunha, 17-marzo-2015

AXENDA

Facebook

1 day ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook